Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo anuncia a súa satisfacción pola adxudicación dun contrato de mantemento da Rede ferroviaria de Ancho Métrico en Asturias e Galicia por importe de 2,3 millóns de euros

Lugo, 28 de decembro de 2016.- Os populares de Lugo amosaron esta mañá a súa satisfacción pola adxudicación dun contrato por parte de Adif para o mantemento da rede ferroviaria de Ancho Métrico (antigas liñas do FEVE) en Asturias e Galicia por un importe de 2.3 millóns de euros.

 

Os deputados nacionais Jaime de Olano e Joaquín García Díez, os senadores Dámaso López, Gerardo Criado e Fernando Carlos e a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, resaltaron o compromiso do Goberno Central “cunha liña ferroviaria moi importante para a provincia e un transporte que presta un servizo a moitos lucenses”. Dende o PP salientaron que “con este contrato e o que se licitará o vindeiro ano demóstrase a aposta do Ministerio de Fomento por esta importante infraestrutura”.

 

O deputado nacional, Jaime de Olano, explicou que “este contrato ten un prazo de execución de nove meses e está destinado a cubrir as necesidades de mantemento en infraestrutura viaria, garantindo a máxima operatividade da mesma”.

 

As obras previstas serán executadas por unha UTE formada polas empresas Neopul Sociedade de Estudos e Construçoes, S.A. de Obras y Servicios Copasa y Contratas y Servicios Ferroviarios (Cosfesa).

 

Esta adxudicación inclúese dentro dun programa máis amplo, xa que ADIF investirá 77 millóns de euros no mantemento da rede ferroviaria de ancho ibérico e métrico en diversas provincia ao longo dos próximos nove meses.

 

Unha polémica desmontada

 

Dende o PP explicaron que “fai aproximadamente un mes, os técnicos de ADIF consideraron que o contrato existente para o mantemento da rede ferroviaria era susceptible de melloras técnicas, de aí que decidisen a súa retirada”. Os populares recordaron que esta situación provocou numerosas controversias, e incluso, algúns representantes políticos alertaron dun suposto abandono deste servizo por parte do goberno do PP. “E nada máis lonxe da realidade, como se vén de demostrar con este contrato co que se afianza a aposta do Goberno Central por esta infraestrutura”, resaltaron.

 

Un contrato ponte

 

Os populares engadiron que así, “o contrato que se ven de anunciar ten un alcance temporal limitado en tanto e canto se licite e se adxudique un novo Plan de Tratamento de Infraestrutura, Vía e Intervencións Correctivas que abarcará a totalidade da rede convencional y terá un prazo de execución plurianual de catro anos cuns parámetros más esixentes de calidade”.

 

Dende o PP indicaron que, polo tanto, “este é un contrato ponte para manter o servizo ata entonces e así, durante a vixencia do mesmo, ADIF desenvolverá un proceso de contratación pública dun novo Plan de Tratamento de Infraestrutura, Vía e Intervencións Correctivas, que abarcará a totalidade da rede convencional e terá un prazo de execución de catro anos”.