Lugo, 27 de decembro de 2016.- O Grupo Provincial do PP sacou hoxe adiante, no pleno da corporación provincial, unha iniciativa para que a Deputación destine destine 500.000 euros máis para servizos sociais a través dunha nova liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva.
Os populares consideran necesario que a institución provincial fomente a colaboración coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia e salientan que “a xestión eficiente das políticas de benestar social é sinónimo de calidade de vida, de igualdade de oportunidades, de inclusión, de cohesión social e de futuro para todos e todas”.
A deputada, Mari Teijeiro, apuntou que é fundamental que a institución provincial “fomente a colaboración coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro lucenses e poña en marcha estas subvencións co obxecto de contribuír aos gastos de mantemento dos seus centros, así como dos servizos estables, programas sociais ou actividades que leven a cabo”. A popular explicou que se trata “de dar unha oportunidade maior a aquelas entidades sociais que hoxe non teñen opción de acceso as axudas que concede esta administración, pois non todas coñecen cál e a fórmula de reparto das subvencións que existen e aínda coñecéndoa non todas teñen a opción de acceso ás mesmas”
Dende o PP salientan que “entendemos que as administracións públicas, así como os grupos políticos que representamos á cidadanía nestas administración, temos o deber de contribuír a promover e apoiar á iniciativa social que chega moitas veces a onde as administracións nos vemos limitadas e non somos capaces de chegar”. Poñen en valor ademais que “a xestión eficiente das políticas de benestar social é sinónimo de calidade de vida, de igualdade de oportunidades, de inclusión, de cohesión social e de futuro para todos e todas”.
Os populares recordan que o actual Plan Estratéxico de subvencións da Deputación na anualidade 2015, prorrogado por acordo da Xunta de Goberno da Xunta de Goberno de data 15 de xullo de 2016, no que respecta á Área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade (actualmente Área de Cooperación cos Concellos, Emprego, Benestar, Educación e Promoción Económica) contempla como única modalidade de axuda pública aos colectivos sociais da provincia as axudas directas en dúas formas: nominativa e excepcional.
Compromiso do PP e falta de implicación do resto dos grupos
A deputada salientou que “esta proposta pon de manifesto o compromiso do Partido Popular coas necesidade dos colectivos sociais, tras escoitar as demandas das entidades representan a estos colectivos”. Dende o PP lamentan o voto en contra do equipo de goberno e abstención do BNG “o que demostra a falta de implicación destes grupos co tecido social da nosa provincia”.
Unha fórmula que garanta a igualdade
Teijeiro defendeu que “dende o PP entendemos que esta única fórmula non está a favorecer a participación e o acceso ás axudas públicas en igualdade de oportunidades a todos os colectivos. De feito a normativa galega en materia de subvencións recolle como procedemento habitual e ordinario para a concesión de axudas a modalidade de concorrencia competitiva”.
Deste xeito os populares consideran fundamental que a Deputación Provincial de Lugo poña en marcha esta nova liña de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, “co obxecto de contribuír aos gastos de mantemento dos seus centros así como dos servizos estables, programas sociais ou actividades que leven a cabo”.
Un plan de traballo para facelo realidade
Dende o PP pídenlle a Campos que convoque, á maior brevidade posible, “a representantes das entidades de servizos sociais da provincia e aos grupos políticos desta institución provincial a unha reunión de traballo para expoñer propostas e valoracións para a elaboración das bases destas subvencións”.