Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular de Sarria votará en contra de que o BNG trate de impor a súa ideoloxía co cambio de nome de dúas rúas

Lugo, 27 de decembro de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria votará en contra da proposta do BNG de cambiarlle os nomes ás Rúas Calvo Sotelo e José Antonio ao entender que non incumpren a Lei de Memoria Histórica e que ademais os nacionalistas tratan, con esta iniciativa que vai ao Pleno do xoves, de impor a súa ideoloxía.  

 

Os populares sosteñen que só avalarían este cambio se houbese un amplo consenso e todos e froito dunha ampla vontade de todos os veciños e veciñas, algo que non se da, posto que son nomes que as rúas levan desde hai anos sen ter causado controversia algunha.

 

“O BNG trata de cambialos por criterios ideolóxicos porque, lles guste máis ou menos, non incumpren a Lei de Memoria Histórica”, engaden, polo que non son persoeiros franquistas no sentido que fixa a Lei. “Novamente e pese a ser o grupo minoritario, quere impoñerlle a súa ideoloxía ao pobo e non o imos permitir”, precisan no PP. 

 

O importante para os veciños, sen resolver

Os populares lamentan que o BNG, como grupo minoritario na Corporación e na localidade, trate soamente de xerar confrontación e división cando non se trate dun tema que cause preocupación entre os veciños. “Ademais de lamentar a posición dos nacionalistas criticamos a actitude dun Goberno local que non resolve o importante para os veciños, que o único que xera é unha parálise absoluta que só buscar tapar con medidas insostibles e carentes de sentido”, engaden.

 

Trátase ademais, apuntan os populares, dunha proposta que crea prexuízos económicos a moitos veciños e veciñas, particularmente a autónomos e comerciantes.

 

Neste sentido, desde o Grupo Municipal do PP recordan que a alcaldesa e o seu Goberno manteñen a Sarria sen presupostos, están deixando que se perdan multitude de subvencións públicas, recortan en servizos públicos básicos, como é o da Policía, teñen estancada a Ponte Ribeira sen darlle solución e ata promoven instalacións ilegais, como a canceira municipal. “Un desastre que tratan de enmascarar con medidas controvertidas que o PP non vai apoiar”, conclúen.