Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP proponlle á Deputación un plan estratéxico de turismo “tras un ano perdido para o sector por culpa da inactividade e desgana dos socialistas”

Lugo, 22 de decembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular vén de presentar o seu plan estratéxico de turismo para a provincia ante o abandono, a inactividade e a desgana ás que a Deputación de Lugo ten sometido ao sector no que os populares consideran “un ano perdido”.

O PP amósase especialmente crítico porque en todo un ano o presidente socialista só puxo en marcha un proceso de contratación dun plan en materia turística que non rematou, pese a contar cun orzamento de 440.000 euros. Censuran ademais que non se puxera en marcha o ente provincial de turismo, tal e como aprobou o pleno a proposta do PP. Por iso, os populares rexistrarán de novo a súa programación, “un plan moi completo e moi ben feito que tivo en conta ao sector e puña en valor os nosos recursos”, explicou a voceira do PP.

“Tiña plan, tiña diñeiro e o único que lles faltou foron ganas de traballar. Quedan poucos días para FITUR e queremos que faga unha boa presentación da nosa provincia nesa feira”, abundou.

Obxectivos do plan

Os obxectivos que o PP pretende con este plan pasan por mellorar o coñecemento da provincia e os seus produtos, mellorar a imaxe do destino ‘Provincia de Lugo’, aumentar o número de visitas, a estancia media, o gasto que realiza o turista, a súa satisfacción na visita e a súa fidelidade, así como diminuír a estacionalidade.

Os retos de futuro, detalla a proposta, deben centrarse en conseguir unha redución da dependencia do destino respecto ao mercado nacional, os esforzos en promoción e comercialización cunha maior incidencia nos medios online, promover a análise da demanda turística, así como mellorar e fortalecer a imaxe de marca nos mercados nacionais e internacionais.

Entre as oportunidades que o plan describe para a provincia atópanse os novos segmentos de viaxeiros, o turismo cultural e relixioso, os novos produtos turísticos, asociados ao turismo da terceira idade, o marítimo ou o accesible, a expansión das redes TIC, o atractivo meteorolóxico, o que a converte nunha provincia de interese como escenario para a rodaxe de cine e publicidade, fotografía e natureza ou actos de tipo deportivo ou cultural.

A folla de ruta coa que no seu día xa contou o PP recolle a necesidade de potenciar o patrimonio e os espazos naturais en cinco zonas diferenciadas: a da Mariña, Lugo capital, Ribeira Sacra, A Montaña e o Camiño de Santiago. En canto ao patrimonio cultural destaca a presenza de ata 691 recursos de patrimonio relixioso, 388 recursos de patrimonio civil, 8 conxuntos históricos-artísticos, 239 recursos de patrimonio etnográfico, 5 edificacións de arquitectura de vangarda, 7 centros históricos, 89 arquivos e bibliotecas, 28 museos e coleccións, 5 centros de interpretación e 9 depósitos arqueolóxicos.

Accións a desenvolver

Entre as actuacións que inclúe o plan atópase o impulso do turismo gastronómico, a través da organización dun congreso de turismo eno-gastronómico, creación de rutas turísticas gastronómicas, creación de talleres e cursos de cociña, ou a introdución da imaxe gastronómica de Lugo nos medios de comunicación masivos. Tamén a posta en marcha dunha central de reservas de turismo rural e o apoio á comercialización do sector coa presenza en feiras como FITUR, o Salón Internacional de Turismo de Nantes ou as feiras gastronómicas de Berlín, París e Frankfurt.

Tamén se contempla a necesidade de impulsar os produtos turísticos, como o enoturismo, ou promover ‘os outros’ Camiños a Santiago por Lugo, os menos coñecidos, como o Norte e o Primitivo. Impulsar o turismo rural, o turismo activo e avanzar en novas vías de promoción a través da internet e no posicionamento en buscadores, son outras das medidas, así como a colaboración con bloggers influíntes ou o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles de establecementos e recursos turísticos e a creación de eventos deportivos de gran alcance e alto poder de atracción.

Inclúese o apoio a iniciativas públicas e privadas vinculadas ao desenvolvemento dun turismo sostible e accesible co impulso de créditos e microcréditos que permitan a modernización e mellora competitiva das empresas do sector. Tamén o establecemento de mecanismos de información e asesoramento que axuden a incorporarse aos programas de financiamento que se desenvolven desde a UE.

Entre as medidas que implementar está tamén a creación dunha sinalización axeitada e uniforme dos recursos e a creación dun banco de proxectos para mellorar a eficiencia e competitividade do destino.

Máis polo miúdo

Para avanzar no impulso turístico da provincia de Lugo o plan propón, entre outras medidas, xerar fluxos turísticos con colectivos de relevancia, como os turoperadores e os xornalistas especializados. Así, suxírese aproveitar as posibilidades que ofrece a pesca fluvial e o turismo enolóxico. Entre as propostas, unha exposición itinerante cos principais recursos turísticos da provincia en cidades nacionais, como Madrid ou Barcelona, ou campañas protagonizadas por reputados cociñeiros lugueses. Feiras para touroperadores, campañas con persoeiros coñecidos e semanas temáticas. Tamén se menciona o aproveitamento da observación de aves, algo pouco explotado e con zonas axeitadas como a Ribeira Sacra, Os Ancares e O Courel.

O plan levaríase a cabo nos medios tradicionais e a través da internet con presenza en medios online e a través das redes sociais con traballos de promoción específicos para cada soporte. Cómpre reforzar a campaña publicitaria na Semana Santa, no verán e no Nadal. Tamén se farán sorteos como forma de promoción.

Algúns datos

A provincia de Lugo conta con 691 aloxamentos turísticos que se dividen en 118 hoteis, 233 pensións, 109 albergues, 34 apartamentos turísticos, 24 vivendas turísticas, 14 cámpings e 159 aloxamentos de turismo rural. En canto a restaurantes, a provincia conta con 553 establecementos nos que poder comer.

Despois de Ourense, Lugo é a provincia que máis viaxeiros galegos recibe. No primeiro semestre do ano os establecementos hoteleiros lucenses contabilizaron un total de 285.006 persoas, o que supón un incremento do 13,4%% con relación a 2014, segundo datos do INE.

Así, entre xaneiro e xuño deste ano os negocios do sector rexistraron un total de 397.261 pernotacións, o que supón un incremento do 9,2%. A ocupación hoteleira no período tamén se incrementou, elevándose en 2,21 puntos con relación aos rexistros de 2014.