Partido Popular de Lugo

A monfortina Julia Rodríguez toma posesión como deputada no Parlamento de Galicia

Santiago, 13 de decembro de 2016.- Dúas deputadas e un deputado do Grupo Parlamentario Popular tomaron posesión esta mañá, ao comezo do Pleno da Cámara. Trátase da deputada da deputada por Lugo Julia Rodríguez Barreira (en substitución de Susana López Abella), da deputada por Pontevedra   Marián García Míguez (que substitúe a María Nava Castro Domínguez) e do deputado por Ourense Carlos Gómez Salgado (que cubre a baixa de Antonio Rodríguez Miranda).

 

Julia Rodríguez Barreira

 

Naceu en Monforte de Lemos en 1966. É Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Mediadora de seguros titulada e xestora administrativa. Avogada.

Concelleira e voceira do Grupo Municipal do PP en Monforte de Lemos desde o ano 2011. Foi senadora por Lugo na X Lexislatura desde o 2011 ata que renunciou para ser deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Raquel Arias, nomeada delegada da Xunta en Lugo. Na IX Lexislatura foi voceira de Igualdade do Grupo Popular. Accede ao Parlamento na X Lexislatura en decembro do 2016 en substitución de Susana López Abella, elixida secretaria xeral de Igualdade da Xunta.