Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP defende que as demandas dos bombeiros sexan tratadas con vontade de acordo pola Deputación e a Xunta

Lugo, 29 de novembro de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, asegurou que hoxe se deu un paso máis para que as peticións dos bombeiros que integran os parques comarcais da provincia sexan tidas en conta. A pesar de non poder votar a moción presentada polo BNG ao Pleno, si que puido haber debate e nel, o PP, asegurou que defenderá os dereito dos compañeiros que hoxe asistiron ao Pleno, “pero non buscando un titular de prensa como outros grupos teñen feito nin facendo un uso político coas demandas que presenta o colectivo.

 

Os populares valoran o enorme traballo e entrega que este colectivo desempeña, polo que se poñen do seu lado naquelo que poida ser de axuda. “A sociedade nunca poderá agradecer o suficiente a labor que prestan, polo que entendemos que as súas reivindicacións deben ser escoitadas”, precisan.

 

“Cos dereitos dos traballadores non debemos xogar, estamos aquí para unirnos ás súas reivindicacións”, explicou. Así, desde o PP avogaron por intentar unha equiparación salarial e por cursar as reivindicacións que, desde hai tempo, veñen trasladando.

 

Para iso, Elena Candia, defende a celebración dunha reunión entre as partes, dun lado a Xunta e doutro a Deputación de maneira que, habendo vontade, eses acordos se trasladen nas melloras que os bombeiros reivindican.

 

“Nos cremos que o mellor é que se senten, cheguen a acordos e resolvan. Sempre nos van ter do seu lado, sobre todo polo traballo que desempeñan que poñen a súa vida en perigo constantemente por salvar as dos demais”, incidiu Candia, quen engadiu que “os dereitos dos traballadores serán a nosa prioridade pero con xestos executivos, non con titulares na prensa”.

 

“Demos un paso máis e, á marxe de situacións esperpénticas, os compañeiros cunha profesión tan importante levan o compromiso de que as súas peticións serán escoitadas e tidas en conta. O seguinte paso é que se reúnan as dúas administracións e isto non forme parte do debate político e que articulen a forma para estimar as súas peticións”, explicou.