Partido Popular de Lugo

A Deputación deberase implicar no equipamento do auditorio de Lugo pese á intencionalidade do Goberno provincial de intentar eludir a súa responsabilidade

Lugo, 29 de novembro de 2016.- O Pleno da Deputación aprobou hoxe a iniciativa do PP a colaboración da Deputación, do Concello e da Xunta na dotación do equipamento do novo auditorio de Lugo. A voceira dos populares, Elena Candia, explica que o organismo provincial deberá implicarse na posta en funcionamento desta infraestrutura cultural pese a que unha vez máis intentaron eludir a súa responsabilidade.

 

A voceira mantén que a Xunta respondeu o seu compromiso, polo que agora lle toca á administración provincial e á local darlle cumprimento á parte que lles corresponde. Matizou ademais que non se debe esixir o mesmo trato que outros concellos, como o de Ferrol, posto que suporía devolver cinco millóns de euros do total investido polo Goberno galego.

 

Os populares lograron o apoio do Pleno, a pesar do voto en contra dos socialistas e dos nacionalistas, polo que, segundo Candia, “agardamos que cumpran co mandato plenario e se involucren na apertura do auditorio de Lugo, que a raíz da nosa moción se deberá poñer á disposición de todos os concellos da provincia”.

 

Candia lamenta que o Goberno provincial tivese a oportunidade “de actuar con responsabilidade” e, polo contra, “eles preferían manter paralizada unha infraestrutura, que dará servizo a todos os concellos da provincia e coa que cumpriu a Xunta de Galicia”. “Nos puxemos unha solución sobre a mesa, o pleno aprobouna e agora o Goberno deberá cumprir con este mandato plenario”, analiza a popular.

 

En relación co argumento dos socialistas á hora de non implicarse con esta obra cultural xa que defendían que a Deputación debe colaborar cos concellos de menos de 20.000 habitantes, Candia considera que dende o Goberno “opinan con moi pouco criterio e rigor e a maior parte das veces nin tan sequera saben do que están a falar dado que, fai días, por exemplo, destinaron unha importante cantidade de diñeiro público á iluminación do Paseo do Rato”.

 

A Xunta cumpriu co auditorio

Ademais da colaboración da Deputación co auditorio, a moción tamén solicitaba a implicación do Concello e da Xunta de Galicia xa que, segundo Candia, “debemos dar exemplo, e deixarnos de ver como inimigos políticos e no seu lugar traballar conxuntamente na resolución das demandas que nos trasladan os veciños”.

 

A voceira dos populares engadiu que a Xunta de Galicia cumpriu co auditorio de Lugo en base ao protocolo asinado polo anterior alcalde socialista, no que non se definía o financiamento para o equipamento; un compromiso que asumía o propio Goberno local e para cuxa finalidade incluíu partidas nos orzamentos do municipio nos anos 2015 e 2016.

 

Por último, Candia lembra que o Goberno galego investiu na construción desta infraestrutura preto de 20 millóns de euros, case o 95% do custo total da obra, ademais dos terreos, o que demostra o compromiso da Xunta con Lugo e coa súa dotación cultural. Ademais, en contraposición á actitude de bloqueo dos socialistas, a Xunta ofrece 1,2 millóns de euros para o equipamento do auditorio, do total de 3,4 millóns de euros necesarios.