Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP denuncia o estado deplorable no que o a Deputación mantén o Museo Provincial

Lugo, 24 de novembro de 2016.- O Grupo Provincial do PP denuncia o estado deplorable no que a Deputación mantén o Museo Provincial, responsabilidade da institución que goberna Darío Campos. Hoxe mesmo fixeron unha visita ás instalacións nas que descubriron numerosos estragos, provocados polas goteiras, condensación e humidade. Entre eles, goteiras en varias salas, paredes ás que lle cae a pintura ou o tapado cun plástico de parte do mosaico de Dédalo e Pasifae.

A voceira do PP, Elena Candia, lamenta que o PSOE manteña o Museo Provincial nunhas condicións inapropiadas para un dos escaparates da arte e da cultura dos lucenses. “Está moi ben que o presidente se sume a outros actos en defensa do patrimonio, pero estaría ben que ademais mire polo que existe no Museo e poña fin a esa situación intolerable”, engade.

Existen numerosas salas nas que chove de xeito directo, co posible risco para as pezas que nelas albergan, como é o caso da sala da cociña na que hai numerosos elementos de madeira ou a afectación que pode sufrir o mosaico de Dédalo e Pasifae, que só está cuberto en parte por un plástico. As goteiras súmanse as humidades, que non están a ser tratadas de xeito adecuado, pois está a caer parte da pintura dalgunhas das salas do museo.

Os populares consideran “lamentable” o estado no que a Deputación mantén varias das salas e urxen actuacións inmediatas para solucionar os problemas das filtracións e, evitar así, posibles danos ás obras do Museo. Os populares reiteran que as pezas e coleccións de incalculable valor que se expoñen neste edificio débense amosar ao público garantindo o seu mantemento nas condicións máis óptimas e necesarias requiridas.