Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo lamenta profundamente o falecemento do ex alcalde de Castro de Rei e ex deputado provincial, Arturo Pereiro Vilariño

Lugo, 23 de novembro de 2016.- O Partido Popular de Lugo lamenta profundamente o falecemento do ex alcalde de Castro de Rei durante case dúas décadas e ex deputado provincial, Arturo Pereiro Vilariño, ao que lle agradecen a súa entrega ao servizo público.

 

Os populares eloxian o traballo realizado por Pereiro á fronte da alcaldía de Castro de Rei, do que destacaron o seu compromiso co benestar dos seus veciños na localidade chairega; unha labor que fixo extensible a toda a provincia a través da súa responsabilidade como deputado provincial. Así, dende o Partido Popular de Lugo ven admirable a entrega que Arturo Pereiro Vilariño demostrou na defensa dos intereses chairegos e lucenses.

 

O Partido Popular de Lugo tamén quere trasladar as súas condolencias a familia polo falecemento dun amigo que se deixou a pel volcado no servizo publico.