Partido Popular de Lugo

O PP apremia a Campos a convocar unha reunión de voceiros para abordar a aprobación dos Orzamentos para o 2016

Lugo, 11 de outubro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular apremia ao presidente da Deputación, tras telo pedido por escrito hai case dúas semanas, a que convoque unha reunión cos grupos da oposición para a elaboración dos presupostos do ano 2017. “Só así poderán ser aprobados no prazo legalmente establecido evitando que se retrasen como aconteceu cos do ano 2016”, explica a voceira do PP, Elena Candia.

 

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, insiste na necesidade de que se convoque esta xuntanza “á maior brevidade posible para evitar sobrepasar o prazo legal para a presentación das contas”.

 

Candia recórdalle ao presidente provincial que o artigo 168.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRHL), dispón que: “o presidente da entidade formará o orzamento xeral e remitirallo, informado pola Intervención e cos anexos e documentación complementaria detallados no apartado 1 do artigo 166, ao Pleno da corporación antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución.”

 

Só tres días para presentar as contas

A voceira popular recalca que “quedan só 3 días como límite legal para a presentación das contas” e lamenta que “polo momento, non recibimos convocatoria para a celebración desta reunión”.

 

Os populares pídenlle a Campos “responsabilidade”

Dende o Grupo Provincial do PP pídenlle ao presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, “responsabilidade” e recórdanlle que “o grupo de goberno actual na entidade provincial non conta coa maioría suficiente no Pleno para a adopción de acordos”.

 

“Esixímoslle ao presidente que se poña a traballar e que atenda as súas competencias para dar resposta aos problemas dos cidadáns e evitar así o espectáculo ao que someteron a esta institución para a aprobación das contas do 2016, cando sobrepasaron con creces o prazo establecido legalmente para a presentación das mesmas”, conclúen.