Partido Popular de Lugo

O cabeza de lista do PP na provincia de Lugo visitou esta tarde a empresa Queserías Sarrianas, acompañado polos candidatos Manuel López e Sándra Vázquez e polo presidente local do partido

Sarria, 22 de setembro de 2016.- O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo ao Parlamento de Galicia, Francisco Conde, apostou hoxe en Sarria pola transformación do leite para achegar valor engadido ao sector e poder competir en mellores condicións.

 

“Aínda que son momentos difíciles para o sector lácteo, estase traballando arreo, cun acordo histórico para a estabilidade e sostenibilidade da cadea de valor e máis de 148 millóns de euros de axudas só en 2015. Ademais, a produción incrementouse un 15% nos últimos cinco anos, e pérdense menos explotacións agora que no bipartito”, expuxo.

 

Así o puxo de releve nunha visita á empresa Queserías Sarrianas na que estivo acompañado polos tamén candidatos Manuel López e Sandra Vázquez, así como polo presidente do partido na localidade, José Antonio García.

 

O cabeza de lista do PP na provincia de Lugo destacou que a Xunta está a impulsar a transformación do leite, que achega valor engadido e que está a marcar o futuro do sector lácteo apostando por produtos con moita demanda no mercado como queixos, iogures e natas, entre outros.

 

Neste eido, Conde lembrou que se están poñendo en marcha proxectos como o de Goodleit, que terá capacidade para procesar ata o 17% do leite que se produce anualmente na nosa Comunidade, o de Dairylac; que busca diversificar as posibilidades de negocio ligadas á produción de leite; ou Entrepinares, que instalará unha torre de secado de soro na fábrica de Vilalba para completar o proceso de elaboración de queixo, ademais de modernizar a liña de queixo de untar e o laboratorio.

 

Estas iniciativas súmanse a outras máis consolidados e coñecidos como é Innolact (Quescrem), unha empresa innovadora que prevé investir 5 millóns de euros nunha nova planta para dar o salto a nivel nacional.

 

Queserías Sarrianas

Queserías Sarrianas, inaugurada no ano 2004, é a maior compradora de leite da zona, comprando a preto 100 ganadeiros. Esta industria transformadora, que facturou en 2014 preto de 10 millóns de euros, vende os seus produtos a través de tres marcas comerciais: Quesar, San Salvador e Q-Sana.