Partido Popular de Lugo

O cabeza de lista do Partido Popular de Lugo ás eleccións autonómicas do próximo domingo estará acompañado da presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, e do candidato, José Manuel Balseiro

A Mariña, 22 de setembro de 2016.- O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo ao Parlamento de Galicia, Francisco Conde, pechará a campaña na Mariña, con varios mitins que se celebrarán nos concellos de Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.

 

En concreto, acompañado da presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, e do candidato José Manuel Balseiro, participará ás sete da tarde nun mitin na casa da cultura de Trabada, ás oito estará no salón de actos do Concello de Lourenzá e, por último, ás nove e media na Casa da Xuventude de Mondoñedo.

 

Conde dirixirase unha vez máis aos mariñáns aos que pedirá o voto para un proxecto “firme, con propostas claras e definidas”, detrás do que se atopa “un equipo que traballou nos últimos anos por Galicia e pola comarca, e que ofrece máis e máis traballo para afianzar na senda do crecemento”.

 

Ademais de Conde, os líderes do Partido Popular, tanto o presidente nacional, Mariano Rajoy, como o autonómico, Alberto Núñez Feijóo, tamén quixeron estar ao lado dos mariñáns e visitaron a comarca para ao pé da rúa falar cos veciños e compartir propostas e necesidades; ao tempo que serviu para que os representantes locais lles trasladasen aos mandatarios proxectos pendentes.