Partido Popular de Lugo

O presidente do Goberno e do Partido Popular, na Mariña lucense

A Mariña, 17 de setembro de 2016.- O presidente do Goberno de España e do Partido Popular, Mariano Rajoy participará o mércores 21 de setembro en varios actos da campaña electoral galega, en particular,os organizados na Mariña lucense onde visitará Mondoñedo e Foz e dará un mitin en San Ciprián (Cervo).

 

A primeira das citas será na Cidade Episcopal, Mondoñedo, onde ten previsto realizar un paseo e reparto electoral polas principais rúas a partir das 13,15 horas, con inicio na praza do Concello. Alí será recibido, entre outros, pola alcaldesa e presidenta provincial, Elena Candia, polo candidato José Manuel Balseiro e polo portavoz do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro.

 

A seguinte cita, xa pola tarde, será en Foz onde a partir das 18,00 horas participará noutro paseo e reparto electoral con saída desde o porto. Nesta ocasión acompañado tamén do alcalde da localidade, Javier Castiñeira, e os candidatos, entre eles e concelleira Maite López

 

Xa para rematar, o presidente nacional do PP e do Executivo español en funcións ofrecerá un mitin no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. A cita será ás 19,30 horas e contará coas intervencións do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, do candidato ao Parlamento galego e coordinador comarcal, José Manuel Balseiro e da presidenta provincial Elena Candia.