Entre outros asuntos os populares comprometéronse a seguir impulsando os investimentos e actuacións de mellora da competitividade dos principais portos da Mariña e consolidar así o seu liderado. De feito, as dársenas de Burela, Celeiro e Ribadeo, teñen un protagonismo especial no conxunto dos portos de interese autonómico, os dous primeiros polo importante número de descargas de peixe fresco e, o segundo, polo elevado peso do tráfico de mercadorías, todos eles sempre liderando as cifras.
En Burela destacaron tamén a importancia que suporá a finalización do novo vial de acceso ao Porto, no que a Xunta de Galicia ten investido preto de 8 millóns de euros, e que servirá para que as empresas que operan desde o porto gañen en competitividade, capacidade loxística e transporte, ademais de evitar o paso de centos de camións ao día polo centro da localidade, con mención especial tamén para a obra de ampliación do hospital xa en marcha.
Antes no Vicedo destacaron tamén outros investimentos autonómicos entre os que citaron o obradoiro de emprego, a contratación dos peóns rurais, as obras de mellora no porto ou os investimentos en materia de renovación da rede de abastacemento.