Partido Popular de Lugo

A presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, ofreceu esta tarde dous mitins nas localidades do Valadouro e Barreiros, acompañada da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e do candidato, José Manuel Balseiro

A Mariña, 16 de setembro de 2016.- Os populares reafirmaron hoxe na Mariña o apoio que o Goberno Feijóo “ofreceu e continuará a dar” ao tecido empresarial, “tanto ás grandes como as medianas e pequenas empresas, así como aos emprendedores” pola súa capacidade der xerar postos de traballo e, polo tanto, riqueza na provincia.

 

Pola contra, a presidenta dos populares lucenses Elena Candia puxo en evidencia as contradicións nas que incorren as forzas do multipartito galego cando por unha banda falan da necesaria industrialización de Galicia e, pola outra amósanse contrarios a todos os proxectos. “Están ante unha mostra clara de cinismo, xa que a actitude que amosaron nesta lexislatura encamiñouse a poñer trabas ás iniciativas impulsadas e dirixidas á creación de novas oportunidades de emprego”, analiza a popular.

 

Así, a presidenta dos populares censurou a aversión do multipartito, especialmente das Mareas e do BNG, contra as empresas que impulsan a creación de postos de traballo ex eran riqueza en Galicia. “Están en contra de que se apoie a Alcoa a través dos descontos por interrumpibilidade, búscanlles peros áinvestigación dos drons de Rozas, un referente mundial do sector; amósanse contrarios a Ence, empresa cunha forte repercusión na Mariña ao ser unha zona cun forte potencial produtor de eucalipto e, especialmente, pola importante carga de traballo que xera no porto de Mirasol, en Ribadeo”, enumera Candia.

 

A popular citou estas trabas que o multipartito, “se empeñou en impoñer, indo en contra das demandas dos veciños e das veciños da provincia”. Porén, o número de casos que exemplifican a contradición do multipartito é extensible a toda a comunidade autónoma. “Faltoulles tempo para pedir que se paralice Reganosa en Mugardos e que se expulse a Ence de Pontevedra ou critican os encargos de eólica marina de Navantia en Fene, ao tempo que intentaron poñerlle trabas á ampliación de Citroën en Vigo, entre outros”, engaden dende o Partido Popular.

 

Polo tanto, a presidenta dos populares, que participou en dous mitins nas localidades de Valadouro e Barreiros, acompañada da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pregúntase: “nunha hipotética Galicia gobernada polas Mareas, onde traballaríamos?. Venden titulares na defensa da creación de emprego e de apoio aos traballadores, pero critican e poñen condicionantes ás medidas de apoio ás multinacionais que xeran riqueza e dan traballo”-concluiu