Partido Popular de Lugo

A candidata Raquel Arias, acompañada da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e do secretario xeral do PPdeLugo, Carlos Armesto, visitaron esta tarde unha granxa en Monterroso, a SAT Gocalvesa. De seguido participarán en varios mitins, no Incio e Chantada.

Na súa intervención a conselleira asegurou que o lácteo sempre contará co apoio da Xunta e do PPdeG, que cumpren e seguirán cumprindo con medidas como o plan de Impostos Cero no rural, que xa beneficiou a 1.200 agricultores e gandeiros; coa achega de liquidez ás explotacións, obxectivo ao que xa se destinaron 10 millóns de euros; e coa posta en valor do leite, con actuacións como a promoción da marca Galega 100%.

En relación coa reducción das cargas tributarias os populares destacaron como balance e compromiso de permanencia no futuro, a eliminación das principais taxas que dependen da Administración autonómica, como a correspondente á transmisión de fincas en solo rústico, que xa non terán que pagar o imposto de transmisións patrimoniais. Tamén deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias. Doutro lado, a agrupación de fincas rústicas non terán que pagar o imposto de actos xurídicos documentados

O compromiso do PPdeG é o de redrobar esforzos en apoio do sector lácteo, e dos profesionais que traballan nesta acitividade, e en todo o medio rural, para intentar fortalecer a súa actividade e, nese senso, destacou os esforzos desenvolvidos pola Xunta para atopar solucións aos problemas que afectan ao sector

Puxo en valor tamén a relevancia que terá o proxecto de transformación de leite que se instalará en Galicia, que definiu como un exemplo e garantía para o futuro o lácteo xa que ten por obxecto afrontar os dúas grandes retos pendentes: a industrialización e o escaso valor engadido que xera este produto. Esta planta procesado terá capacidade para transformar anualmente 400.000 toneladas de leite, cantidade que representa máis do 15 % do total de materia prima que producen actualmente as 8.900 granxas galegas en activo.

 

Os populares convidaron a entender a nosa gandería en positivo para vela como unha aposta de futuro e para intentar resolver os problemas, empregando a política para achegar solucións, e non para sementar dúbidas nin intentar sacar rédito político da crise do sector. E pensando precisamente no futuro, destacaron que hoxe, 757 mozos e mozas pediron unha axuda para incorporarse a unha actividade agraria neste 2016, máis do triplo das solicitudes que se rexistraron o ano anterior (219).