-
Vareriano González e Elena Candia fixeron balance das medias tributarias impulsadas en beneficio dos galegos e, moi en particular, do programa de impostos cero no rural
Sarria, 13 de setembro de 2016.- A caravana electoral dos populares lucenses tivo como destino esta tarde os concellos de Sarria, Baleira e Riotorto. A primeira das citas foi na Cidade de Sarria e contou coa presenza do actual presidente da Xunta e candidato a reeleción Alberto Núñez Feijóo, ademais do cabeza de lista, Francisco Conde e da presidenta dos populares lucenses, Elena Candia.
Unha aposta de futuro polos concellos do rural
Máis tarde foi a quenda dos actos de Baleira e Riotorto onde Candia acompañada do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez afirmou que “co apoio dun goberno popular na Xunta imos situar aos concellos do rural nun lugar preferente na Galicia do 2020”.
De feito comprometéronse a desenvolver ás distintas medidas incluídas no programa e dirixidas a crear un rural máis atractivo e con máis oportunidades, tanto no ámbito social como moi en particular no lexislativo e tributario.
Nese sentido citaron algunhas das propostas incluídas no programa popular como a redacción dunha Lei de Agricultura, a creación de marcas de calidade para os nosos produtos, o apoio ao cooperativismo ou un novo plan forestal que poña en valor os nosos montes.
Impostos cero no rural
Moi en particular abordaron o programa de impostos cero no rural insistindo que o PP é a única forza política consciente da necesidade de mobilizar as propiedades no rural, "sen necesidade de expropiacións como propoñen ese lío de confluencias que demostran non entender o noso país”.
O obxectivo dos populares, é conseguir explotacións agrícolas coa suficiente dimensión e impulsar a elaboración de produtos con valor engadido, por iso Galicia é a única comunidade onde non teremos impostos na transmisión, na permuta ou nos cambios de fincas rústicas, nin pola agrupación de fincas nin na transmisión de explotacións agrarias.
Os populares lanzaron unha mensaxe de confianza na xestión que avala ao PP nestes oito anos de goberno na Xunta, que amosou o seu máis absoluto compromiso cos pequenos concellos, consciente de que non pode haber galegos de primeira nin segunda categoría, pois todos teñen que ter os mesmos dereitos e oportunidades, vivan onde vivan.
Imposto de sucesións
Os populares continuaron desgranando a axenda lexislativa no ámbito tributario neste caso para destacar a eliminación do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos que supuxo un cambio que fai que a nosa comunidade se sitúe entre as que dispoñen dunha fiscalidade máis vantaxosa.
"Deste modo, a medida beneficia a calquera cidadán que reciba unha herdanza de seu pai, fillo, avós, netos o cónxuxes, sempre que estes residisen en Galicia" destacaron.
Esta medida foi unha das principais novidades que presentou o Goberno de Feijóo, co obxectivo e compromiso de axudar aos galegos para que non tiveran que verse obrigados, nalgúns casos, a renunciar á súa herdanza por non poder afrontar os custes que iso supoñía e un exemplo do compromiso que seguirán desenvolvendo
Merece a pena seguir facendo de Galicia unha excepción
Pola súa banda Candia moi en particular pediu aos asistentes "participación e unir forzas nun proxecto común porque merece a pena que Galicia sexa unha excepción, dispoña dun goberno estable e responsable".
"Merece a pena para seguir crecendo e creando emprego; para seguir cumprindo cos deberes ao tempo que se inviste máis en comunicacións, servizos públicos e en futuro; e para que os investidores sigan confiando en Galicia, tal e como sucede, na aeronáutica e no lácteo.
"Ademais, somos o único partido que conta cun programa de goberno para aplicar durante catro anos e desde o primeiro día e cuns compromisos que contan co aval dos feitos. Queremos ser o goberno da gran maioría dos galegos".
Do mesmo xeito, -concluíu Candia- "non merece a pena que Galicia se meta no lío que teñen outros partidos e no lío que pode chegar a ser todos esas forzas troceando os orzamentos e sen xestión ningunha."
Compromiso e balance
Finalmente os populares destacaron tamén, o balance de acción da Xunta que, indicaron, feitos que xustifican unha renovada confianza no proxecto popular.
No caso de Baleira, comprometidos co ámbito social impulsando a nova residencia e investindo máis dun millón de euros na súa execución e en Riotorto coa execución e mellora de infraestruturas como a mellora da LU-124.