-
O voceiro e presidente do PP local, Jesús López Penabad, e o secretario de organización do partido, Daniel Vega, transmitirán aos asistentes “o proxecto dos populares de cara ás vindeiras eleccións” e recordarán “o profundo compromiso da Xunta de Núñez Feijóo con Ribadeo todos estes anos”
Ribadeo, 12 de setembro de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo prepara unha intensa campaña electoral na que haberá, ademais de repartos e reunións sectorais, dous mitins centrais cos que chegar aos veciños e veciñas de todas as parroquias.
O voceiro e presidente do PP local, Jesús López Penabad, e o secretario de organización do partido, Daniel Vega transmitirán a militantes e simpatizantes o proxecto dos populares de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.
O primeiro dos actos celebrarase o día 20, ás 21:30 horas na Casa da Escola de Couxela e acollerá á veciñanza das parroquias do interior: San Vicente de Covelas, Santalla de Vilausende, Piñeira, Cedofeita e San Pedro de Arante.
O día 21, en torno ás 21:30 horas, o círculo habanero da Devesa acollerá o segundo dos mitins que chegará ás parroquias da costa: Rinlo,Vilaselán, Vilaframil e Ove.
López Penabad anima a todos os veciños e veciñas a asistir a estes actos nos que recordarán “ os proxectos levados a cabo e o profundo compromiso que a Xunta de Galicia de Núñez Feijóo tivo con Ribadeo todos estes anos”.