Partido Popular de Lugo

Os populares rexeitan as escusas da alcaldesa, posto que a concesión da axuda lles foi comunicada xa no mes de maio

  • O Grupo Municipal Popular recorda que o equipo de Goberno xa fracasou coa adscrición ao Grupo de Desenvolvemento Rural e coa oficina de cooperativismo, que deixou que pechara

Sarria, 10 de setembro de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Sarria alerta do “esperpento” no que se está a converter a xestión municipal tras a perda dunha nova subvención de preto de 27.000 euros por parte da alcaldesa. Tal e como recollen hoxe os medios de comunicación o Goberno local perdeu unha axuda da Xunta para reparar beirarrúas e mellorar a accesibilidade en Sarria.

O PP explica que o Goberno local tardou máis de dous meses en aprobar unha sinxelas bases de adxudicación e agora emprega como escusa que se perde a subvención por falla de prazo, un argumento “pobre e interesado”.

Os populares consideran “unha vergoña” que a rexedora se atreva a querer culpar á administración galega e ás empresas da perda da axuda, cando está deixando pasar, de xeito recorrente, axudas e melloras “pola súa incapacidade manifesta para xestionar o Concello”.

Así se puxo de manifesto co incumprimento sistemático dos acordos do Pleno, como o que afecta á Rúa José Sánchez e co fracaso na adscrición ao grupo de desenvolvemento rural (GDR) ou coa perda da oficina de cooperativismo. “Cando as axudas son europeas a culpa é de Europa e se son galega da Xunta, pero non asumen que o que pasa é que non está cualificada para Gobernar Sarria”, engaden.

Os populares acusan á rexedora de botar balóns fóra, cando a subvención lles foi concedida o 4 de maio. “Di que os prazos son estreitos pero o único estreito e a capacidade deste goberno para facer fronte ao se traballo no Concello, algo que prexudica enormemente a todos os veciños e veciñas, nesta caso coa perda dunha importante achega para realizar obras de mellora da accesibilidade.

O PP rexeita tamén que se queira culpabilizar ás empresas, posto que o Concello podería ter invitado a máis firmas ou publicitar a axuda para que os interesados puidera optar ao traballo.