Partido Popular de Lugo

Os populares explican que as instalacións da Rúa Alcalde Xetas contan con todas as licenza e permisos necesarios para poder abrir as súas portas

  • O Grupo Municipal Popular considera que agora que o centro está rematado é cando hai que dar o paso de poñelo a funcionar, algo que só será posible se a Sociedade Urbanística incorpora a súa función de prestadora de servizos sociais 

Castroverde, 9 de setembro de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Castroverde urxe á Deputación de Lugo e, máis en concreto ao seu presidente, Darío Campos, a aprobar de xeito definitivo a modificación dos estatutos de Suplusa para poder abrir a súa residencia de maiores.

Os populares explican que as instalacións contan con todos os permisos e licenzas para empezar a funcionar, pero o bloqueo no que o PSOE mantén á Sociedade Urbanística impide que se avance nese camiño. “Se non adapta os estatutos non podemos iniciar a actividade”, precisan. De feito, a Deputación non ten persoal contratado nin é a titular das instalacións, polo que é necesario aprobar os estatutos para poder avanzar nestes trámites.

O PP recorda que o pasado 28 de xullo de 2016 se celebrou unha reunión extraordinaria do Consello de Administración de SUPLUSA na que, de acordo co establecido no artigo 15 dos Estatutos, se aprobou a proposta de modificación dos devanditos estatutos a petición do Grupo Provincial Popular que encabeza Elena Candia. “Está a desoír un acordo do Consello de Administración que o obriga a ratificar a modificación do obxecto social de Suplusa que é requisito imprescindible para o inicio da actividade na residencia”, apuntan.

Desde o PP de Castroverde pídenlle ao presidente provincial e presidente de Suplusa que atenda a obriga que lle impuxo o Consello deAdministración de Suplusa para, de maneira urxente, poder desbloquear a parálise na que se atopa a nosa residencia.

“Agora que o edificio está rematado é cando hai que dar o paso para poñela en marcha e iso só será posible se a Sociedade incorpora a súa función de prestadora de servizos sociais, tal e como incorporou o PP”, explica a voceira municipal, María Gómez Pallín.

 

A Xunta, disposta a colaborar

En relación co papel da Xunta, os populares explican que a administración galega xa asumiu o compromiso de colaborar e que a solución para poñer en marcha a residencia pasa por aprobar os estatutos para que Suplusa sexa prestadora de servizos sociais. A residencia permitiría atender na localidade a 24 usuarios na Rúa Alcalde Xetas. “Que non desvíen a atención cando os únicos responsables de bloquear a apertura das residencias son eles”, conclúe.