A voceira dos populares critica que só apuraren cando hai eleccións. “Seleccionaron o persoal en plena campaña electoral enganando á xente e ademais xogando co que me parece que ningún político podería atreverse a facer que é con xente que está nunha situación de desemprego”, apunta Candia.
Sacámoslles a caretaCandia pregúntase por que agora “non lles interesa” dar este paso cando prometeron a creación dun montón de prazas e neste momento, cando as residencias están listas e poden arrancar, deciden paralo”. “A resposta é clara, sacámoslles a careta de que a Xunta non era a culpable das cousas que se lle imputaban”.
“Estamos hoxe aquí -afirmou Candia ao rexistrar o escrito- para desbloquear esa situación, para modificar os estatutos para que Suplusa poida ser entidade prestadora de servizos sociais que é a única forma posible de facer a xestión das residencias. Cumprindo a lei do 2008 que o mesmo bipartito aprobou no seu momento na Xunta de Galicia. En definitiva estamos novamente para ofrecer solucións onde un goberno en minoría, un goberno enfrontado, un goberno sen proxectos e cunha única actitude entre os problemas que é quedarse quieto a ver si se solucionan solos e iso non pasa nunca, nin na vida nin na política”, conclúe.
Funcións do Consello de AdministraciónOs populares precisan que os Estatutos en vigor da Sociedade establecen que é facultade da Xunta Xeral modificar os estatutos, tal e como así se fixo. A maiores, o artigo 15 dos mesmos establece que lle corresponde ao Consello de Administración as seguintes funcións:c) O coñecemento previo, establecemento de directrices, seguimento e aprobación, no seu caso, de todos os asuntos que teñan que someterse á Xunta Xeral de Accionistas, e en particular, os seguintes:3. A proposta de modificación dos Estatutos…”.
Os populares botan man da lexislación reguladora do réxime local, neste caso o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, que no seu artigo 89 recolle que:
“As sesións extraordinarias serán convocadas cando así o decida o presidente/a ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal dos membros da Corporación. Neste último caso, a súa celebración non poderá demorarse por máis de quince días dende que fose solicitada… No caso de solicitude de pleno extraordinario pola cuarta parte dos deputados provinciais, se o presidente/a non convocase o Pleno extraordinario solicitado, quedará convocado automaticamente para o décimo día hábil seguinte ao de finalización do prazo sinalado no artigo anterior, ás doce horas. O secretario da Corporación notificará a todos os membros o contido no parágrafo anterior ao día seguinte da finalización do prazo de quince días citado anteriormente”.