O comité executivo de Novas Xeracións do PP de Lugo iniciou este sábado unha rolda de visitas ás principais fontes de recursos da provincia, aqueles espazos nos que se desenvolve a actividade económica e onde empresarios e emprendedores realizan o seu traballo xerando emprego e riqueza.
A primeira das citas tivo lugar este sábado no Porto de Celeiro e nela participará o comité executivo de NNXX da provincia de Lugo, varias xuntas locais da Mariña, así como a presidenta provincial do PPdeLugo, Elena Candia, coordinador comarcal da zona, José Manuel Balseiro. Tamén asisten o deputado Jaime de Olano, o secretario de Organización do partido en Lugo, Daniel Vega, Antonio Bouza, presidente do PP de Viveiro e Sergio Camiña, secretario xeral de NNXX Galicia; preto de 40 persoas en total.
Esta visita sectorial incluíu un percorrido polas instalacións do porto, onde coñeceron a actividade da empresa Puerto de Celeiro, onde serán recibidos polo seu xerente. Tamén manterán unha reunión cos integrantes da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo, de Celeiro.