Achéganse as declaracións de Elena Candia na rolda de prensa posterior á aprobación dos Orzamentos da Deputación para o ano 2016.
Pola súa banda, a voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia,afirmou que «na política democrática non se poden producir cambios na realidade social sen que haxa algún tipo de cesión mutua». Engadiu que as circunstancias da institución provincial «son as que son» e que o PP sempre fixo ofrecemento ao presidente de cesións e intentos de acordos para que «esta Deputación resolvera os problemas da nosa provincia».
«Coincido co presidente en que hoxe é un día histórico e defendo a actitude do Grupo que represento dende o principio, que defendeu o seu proxecto con coherencia a cos mesmos principios e cun único obxectivo: resolver os problemas da xente, dos veciños e veciñas da nosa provincia. E tamén intentando o que entendemos que debe de ser esta institución, un mecanismo de cooperación cos concellos, especialmente cos máis pequenos e que esas alegacións que no seu momento presentamos se materialicen e se cumplan que o orzamento vaia parello aos correspondentes mecanismos de control pero sin imposicións e con cesións mutuas».
Elena Candia quixo agradecer a actitude do presidente, unha actitude conciliadora. «Quero agradecer a actitude do deputado non adscrito pero permitídeme que comparta o que entendo que é un día de ledicia para a provincia cos meus compañeiros do Grupo Provincial que están hoxe aquí sentados. Estou eu falando pero podía estar falando calquera deles. O que entendo que é un éxito, non para o grupo, non para o partido que represento, coincido que é un éxito para a provincia e permitídeme que llo brinde a todos eles».
«Nesta actitude e coa mesma coherencia sigo poñéndome a disposición do presidente con ese respecto institucional que se lle debe para seguir chegando a acordos e para seguir posicionando esta institución no que debe de ser. Unha institución colaboradora cos concellos da provincia nunha institución que axuda a resolver problemas. Todas as reflexións que podo facer no día de hoxe son co mesmo sentir, un sentir positivo porque hoxe é un día histórico e que poidamos como sucede no día de hoxe, poder anunciar e compartir con todos vós moitos máis. Moitas gracias a todos e en especial ao noso grupo e ao presidente», rematou.
- Acordo relativo ao Orzamento Provincial
(PDF: 6432093 bytes)