O Grupo Municipal do Partido Popular de Láncara denuncia o abandono que presentan as pistas rurais e a nula intervención do Goberno local para pórlle fin a esta situación. Ante a existencia de numerosas fochancas nas viais municipais os populares demandan ao Concello que acometa unha actuación urxente.
Os populares piden ademais que se repoñan as sinais indicativas danadas e se desbroce ante a proliferación de maleza nos viais de titularidade municipal.
O voceiro do Grupo Municipal do PP, Santiago Cubillas, explica que durante os meses pasados o Concello non fixo ningún traballo nas súas estradas, polo que agora, unha vez que chegou o verán “o seu estado é lamentable”.
O popular lamenta que o Concello non fora quen de acometer ningunha actuación o que provoca “que cheguemos ao mes de xuño coas estradas cheas de fochancas, maleza nas cunetas e nas tajeas. “O alcalde ten o rural abandonado, polo que pedimos que se actúe de xeito urxente para evitar problemas aos condutores, así como minimizar o risco de incendio nos meses de verán”.