Partido Popular de Lugo

O Partido Popular de Lugo rexeita enerxicamente o acto vandálico contra o busto de Manuel Fraga en Vilalba

Lugo, 7 de xuño de 2016.- O Partido Popular de Lugo rexeita enerxicamente o acto presuntamente vandálico perpetrado esta noite contra o busto de Manuel Fraga asentado na alameda da localidade de Vilalba.

 

Ante este feito, os populares queren poñer de manifesto que o recurso a este tipo de accións é inaceptable e absolutamente antidemocrático como así o entenden todos os lucenses.

 

Dende o Partido Popular de Lugo piden respecto a un político do que resaltan o seu enorme compromiso público, o seu legado, así como o seu incansable traballo por Galicia. “Así o souberon valorar os cidadáns independentemente da súa ideoloxía política”, afirman.