Partido Popular de Lugo

As comisións sectoriais de Sanidade e Educación realizan unha primeira xornada de conclusións á que asisten alcaldes e concelleiros

 

As comisións sectoriais de Sanidade e Educación fixeron unha primeira xornada de valoración das xuntanzas que mantiveron ao longo das últimas semanas. No encontro participaron alcaldes, portavoces, concelleiros e integrantes da Xunta Directiva provincial. Tamén contouse coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación.

 

As comisións sectoriais do PPdeLugo nacen co obxecto de dinamizar a vida interna do partido e, especialmente, de recuperar ideas, argumentos e propostas atractivas para os moitos afiliados, votantes e cidadáns en xeral aos que hai que convencer nas vindeiras citas electorais para que volvan a confiar no Partido Popular.