O Valadouro, 2 de xuño de 2016.- O presidente e portavoz do Partido Popular, José Manuel Lamela, pediulle ao alcalde socialista do Valadouro, Edmundo Maseda, que o Concello asuma a súa competencia e acometa con urxencia os traballos para o arranxo do patio exterior da escola infantil
Lamela aclara que son coñecedores dun escrito de recollida de sinaturas que reclama a substitución do piso actual, dado o seu deficiente estado de mantemento, por un entarimado de madeira máis seguro para as nenas e nenos que fan uso das instalacións.
COMPETENCIA DO CONCELLO
O escrito está dirixido á Xefatura da rede de escolas infantís do Consorcio Autonómico de Benestar, que xestiona o centro, fronte a quen os populares fixeron as consultas oportunas, para comprobar si tiña cambiado a competencia no arranxo destas instalacións, que ata o momento era municipal
Os populares confirman que a addenda ao convenio de xestión da Escola Infantil asinada con ocasión da ampliación do centro establece que é competencia do Concello a conservación e mantemento das instalacións, estrutura arquitectónica e instalacións, incluído o de exteriores, axardinamento e outros elementos integrados no centro.
DEIXADÉZ DE FUNCIÓNS
Esta é a segunda vez que o Concello do Valadouro fai deixadez das súas competencias en materia de mantemento da Escola Infantil e, de feito, xa aconteceu unha situación similar cando se produciu unha avaría que privou de auga quente ao centro e que desde a Alcaldía tiñan a obriga de corrixir.