O Grupo Provincial do PP avanza que pedirá un pleno extraordinario se en quince días o bipartito que goberna a Deputación de Lugo non somete os Presupostos e o Plan de Obras e Servizos a aprobación. A voceira dos populares, Elena Candia, engade que a esa sesión plenaria o Grupo Provincial do PP presentará a proposta do POS que se acordou de xeito unánime na xunta de portavoces convocada onte.
A voceira asegura que na xuntanza previa ao Pleno os populares propuxeron aprobar os Orzamentos e o POS nunha mesma sesión plenaria, posto que o Plan de Obras e Servizos “non pode saír adiante se aínda non se conta con Orzamentos”. Foi o presidente, polo seu exclusivo interese, o que decidiu manter o POS na orde do día do Pleno de onte de maneira que non saíu aprobado.
A popular explica que o Señor Darío Campo o único que busca é o enfrontamento continuo en lugar de velar polos intereses dos Concellos e dos veciños e veciñas desta provincia. “O PP non vai ser corresponsable da parálise na que decidiu meter a esta provincia, se non é capaz de gobernar que se vaia, pero que non busque cómplices dunha xestión que xa se ten demostrado nefasta”, engade.