Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo convoca o Congreso Comarcal da Terra Cha o sábado 14 de maio en Vilalba

Lugo, 26 de abril de 2016.- A presidenta provincial do PPdeLugo, Elena Candia, vén de anunciar a convocatoria do Congreso Comarcal da Terra Cha, a primeira destas celebracións nas bisbarras da provincia, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de maio na Biblioteca de Vilalba

Cúmprese así un dos compromisos adquiridos desde a nova dirección provincial que se comprometeu a reforzar a estrutura comarcal do partido, dándolle nova vitalidade e tamén, e non menos importante, a avanzar nos mecanismos de participación directa dos militantes.

UN AFILIADO, UN VOTO

A celebración deste Congreso comarcal efectuarase, por primeira vez, de xeito asembleario, polo tanto, serán os máis trescentos afiliados populares de toda a comarca os que escollan co seu voto, de xeito directo, ao novo Coordinador e á súa Executiva.

O obxectivo principal desta nova estrutura é  ofrecer aos veciños da comarca e ao conxunto dos militantes un partido máis pegado ao territorio, e ás súas necesidades, que gañe en proximidade, dinamismo, transparencia e participación.

Aclaran que as novas agrupacións comarcais non suporán crear novos órganos de dirección, xa que logo a figura dos coordinadores xa existía, a diferenza radicada en que agora son os militantes os que escollen de xeito directo aos integrantes da Executiva e ao seu presidente.

De calquera xeito, a nova organización comarcal respectará as estruturas municipais existentes e a súa autonomía de funcionamento, aínda que permitirá dar resposta dun xeito máis efectivo, a todas as demandas que compartes os municipios da Mariña lucense.

CALENDARIO

Coa convocatoria oficial destes congresos da inicio un intenso calendario no que destacan dúas datas fundamentais:

·     A do vindeiro luns 2 de maio, data límite para a presentación de candidatos –deberán facelo ante a sede provincial do PPdeLugo- co apoio da sinatura de 50 afiliados

·     E en segundo lugar o xoves 12 de maio, día no que remata o prazo para a presentación da candidatura que, neste caso, deberá estar avalada polo menos por 80 militantes.

Os populares lembra que só poderán ir en listas e participar nas votacións os afiliados que estean ó corrente no pago das súas cotas, como indican os Estatutos.

Elena Candia indicou que, pasos como este, iniciativas que contribúen a reforzar equipos, sumar ideas e gañar en participación, no obxectivo de recuperar o protagonismo social e facer un PP máis aberto e plural