Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo convoca o Congreso Comarcal da Mariña para o domingo 15 de maio en Viveiro

Lugo, 26 de abril de 2016.- A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, vén de anunciar a convocatoria do Congreso Comarcal da Mariña lucense que terá lugar o vindeiro domingo 15 de maio no teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Cúmprese así un dos compromisos adquiridos desde a nova dirección provincial que, comprometeuse a reforzar a estrutura comarcal do partido, dándolle nova vitalidade e tamén, e non menos importante, avanzar nos mecanismos de participación directa dos militantes.

UN AFILIADO, UN VOTO

A celebración deste Congreso comarcal efectuarase, por primeira vez, de xeito asembleario, polo tanto, serán entorno ao millar de afiliados populares de toda a comarca os que escollan co seu voto, de xeito directo, ao novo Coordinador e á súa Executiva.

 O obxectivo principal desta nova estrutura é  ofrecer aos veciños da comarca e ao conxunto dos militantes un partido máis pegado ao territorio, e ás súas necesidades, que gañe en proximidade, dinamismo, transparencia e participación.

Aclaran que as novas agrupacións comarcais non suporán crear novos órganos de dirección, xa que logo a figura dos coordinadores xa existía, a diferenza radicada en que agora son os militantes os que escollen de xeito directo aos integrantes da Executiva e ao seu presidente.

De calquera xeito, a nova organización comarcal respectará as estruturas municipais existentes e a súa autonomía de funcionamento, aínda que permitirá dar resposta dun xeito máis efectivo, a todas as demandas que compartes os municipios da Mariña lucense.

CALENDARIO

Coa convocatoria oficial destes congresos da inicio un intenso calendario no que destacan dúas datas fundamentais:

 

·   A do vindeiro luns 2 de maio, data límite para a presentación de candidatos –deberán facelo ante a sede provincial do PPdeLugo- co apoio da sinatura de 60 afiliados

 

·     E en segundo lugar o venres 13 de maio, día no que remata o prazo para a presentación da candidatura que, neste caso, deberá estar avalada polo menos por 150 militantes.

Os populares lembra que só poderán ir en listas e participar nas votacións os afiliados que estean ó corrente no pago das súas cotas, como indican os Estatutos.

Elena Candia prosigue co proceso de renovación do Partido Popular na provincia de Lugo dando pasos como este, supón avanzar en iniciativas que contribúen a reforzar equipos, sumar ideas e gañar en participación, no obxectivo de recuperar o protagonismo social e facer un PP máis aberto e plural