Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo celebra este domingo a VIII edición da Comida de Confraternidade da zona rural

O Partido Popular organiza un ano máis a Comida de Confraternidade da zona rural do municipio de Lugo. A xuntanza, que alcanza xa a súa VIII Edición, terá lugar este domingo 24 de abril ás 14.30 horas no Restaurante de La Palloza e terá un custe de 25 euros. 

O concelleiro do Grupo Popular, Manuel López, agradece “o esforzo e a fidelidade dos que ano tras ano se suman a esta cita” destacando que “esta reunión serve como punto de encontro para os veciños das 54 parroquias do municipio”. O edil do PP lamenta que dende o goberno socialista de Lugo sigan empeñados en tratalos como cidadáns de terceira” aludindo aos investimentos aprobados nos orzamentos de 2016 nos que tan só figura unha  partida de 315.000€.

Neste tradicional xantar está confirmada a asistencia da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que acompañará aos preto de 300 comensais previstos. Neste encontro de confraternidade tamén participará a Presidenta Provincial do Partido Popular Elena Candia,  así como outros cargos do Partido a nivel local, provincial, autonómico e estatal.