Partido Popular de Lugo

Os membros de Novas Xeracións da provincia de Lugo poderán presentar as súas candidaturas ao Congreso extraordinario ata o día 28 de abril

O Comité Organizador do VIII Congreso Extraordinario Provincial de Novas Xeracións do PP de Lugo deu a coñecer hoxe os prazos que rexerán tras a súa convocatoria. O Comité quixo agradecer ademais de maneira pública o traballo que Daniel Vega ten feito ao longo destes seis anos nos que asumiu a presidencia da organización ao tempo que lle desexan os mesmos éxitos como secretario de organización do partido.

O cronograma do congreso será o seguinte:

14 Abril – Convocatoria Congreso

18-28 Abril – Presentación candidaturas

29 Abril – Proclamación de Candidatos

30 Abril – 9 Maio – Campaña Electoral Interna

30 Abril – 9 Maio – Inscrición a Compromisario

14 de maio- Celebración do Congreso en Monforte

A celebración do Congreso inclúe a presentación de varias ponencias que deberán ser entregadas por parte dos relatores o 28 de abril como data límite. O día 29 de abril farase a súa publicación, mentres que do 30 de abril ao 6 de maio se abre un prazo para presentar emendas á ponencia por parte dos compromisarios.

O Comité Organizador do Congreso está formado por Fernando Carreiras, como presidente, Mar Carballas, Manuel González, Eugenia Vizcaíno e Alba Rodil.