A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, visitou hoxe a localidade de O Vicedo, acompañada polo alcalde, o popular Jesús Novo, onde subliñou a importancia e necesidade de contar con Deputacións Provinciais eficientes para garantir que os pequenos concellos conten con servizos básicos.
“Estes convenios que asinamos gobernando o PP veñen a rematar cunha débeda que o bipartito tiña con moitos dos concellos deste provincia, marxinando aos concellos pola súa cor política, polo que con estas sinaturas avanzamos no equilibrio no reparto das axudas ás entidades locais”, explica.
O convenio co Concello de O Vicedo foi rubricado polo rexedor e Elena Candia, sendo esta presidenta da institución provincial, o 6 de outubro de 2015.
Actuación en O Vicedo
A Deputación de Lugo e o Concello de O Vicedo asinaron sendo Elena Candia presidenta un convenio de colaboración destinado á adaptación do centro de día e mobiliario da Casa do Mar por un importe total de 394.256,89 euros, dos que o Goberno local achega 19.712,84 euros e o resto a institución provincial.
En concreto, o investimento irá destinado ao equipamento e mobiliario, reforma do soto e primeiro andar da Casa do Mar de O Vicedo para o centro de día e na reforma do segundo andar do inmoble para oficinas.
O Concello de O Vicedo comprométese a executar os investimentos obxecto do convenio na data límite do 31 de marzo de 2018. Achega ademais a memoria do investimento e o 5% sobre o custo total. Tamén as inspeccións e comprobacións que determine a Deputación de Lugo e comprométese a obter as autorizacións sectoriais que sexan requiridas e outorgar as licenzas que sexan de competencias municipal.