Partido Popular de Lugo

Carlos Armesto será o secretario xeral do Partido Popular de Lugo

Lugo, 11 de marzo de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, confirmou esta mañá que Carlos Armesto Quiroga será o novo secretario xeral na executiva popular lucense.  Armesto Quiroga é deputado provincial e vicevoceiro do Grupo do PP na Deputación, ademais de que exerce dende 1991 a responsabilidade de primeiro tenente de alcalde no Concello do Saviñao.

Elena Candia tamén anunciou a integración ao seu equipo de Margarita López Blanco, como responsable da Secretaría de Comunicación e de Manuel Antonio Fernández Piñeiro da de Novas Tecnoloxías. Margarita López Blanco, de Lugo, é licenciada en Dereito, actualmente funcionaria de carreira, grupo A1 na Administración local, con ampla experiencia en comunicación institucional. O lucense Manuel Antonio Fernández Piñeiro é pedagogo e exerce, dende fai anos, un destacable traballo no ámbito nas novas tecnoloxías no PP de Lugo.

Candia lembra que se trata de dúas áreas que terán unha destacada importancia na nova executiva provincial, xa que, como anunciou a actual presidenta do populares lucenses, dende o PP ofrecerase un servizo de asesoramento e comunicación ás agrupacións locais, ademais de que se empregarán as novas tecnoloxías para incentivar o contacto cos afiliados e simpatizantes, peza clave para a nova dirección.

Por último, Elena Candia prevé presentar o vindeiro venres a todo o equipo que a acompañará, xunto a Ramón Carballo, na presidencia do PP provincial lucense, dende o que “tenden a man para sumar esforzos e traballar todos xuntos”.