O presidente do Comité Organizador, José Manuel Balseiro, da conta dos avais acadados polas dúas candidatas á presidencia do PP de Lugo, cuxo congreso se celebrará o vindeiro domingo. Unha vez analizados os avais, as candidatas serán dúas: Elena Candia e Raquel Arias.
Elena Candia obtivo 508 avais, dos 584 presentados, mentres que Raquel Arias conseguiu 176 avais, dos 190 presentados. A cantidade mínima para concorrer ao congreso extraordinario do vindeiro domingo eran 155 avais.
O presidente do Comité Organizador agradece a colaboración dos compromisarios, dos equipos de ambas as dúas candidatas, así como de todos os actores que interveñen no proceso e destaca que todo se levou a cabo “con normalidade” no que cualifica de proceso “exemplar”.