Lugo, 2 de marzo de 2016.- O presidente do Comité Organizador do XVII Congreso Extraordinario do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, deu a coñecer os nomes propostos para integrar a Mesa encargada de moderar e ordenador os debates na cita congresual que terá lugar este domingo 6 de marzo.
Manuela López Besteiro, actual presidenta de honra do Partido Popular de Lugo, será quen presida a sesión plenaria do Congreso Provincial asistida, en calidade de vicepresidente, polo deputado vilalbés Agustín Baamonde Díaz.
Pola súa banda a concelleira de Foz, Mercedes González Alonso, será a secretaria da Mesa e como vicesecretario exercerá Fernando Rodríguez González de As Nogais.
En calidade de vogais, pecharán a composición da Mesa, Rosa Arza vicepresidenta autonómica de Novas Xeracións e concelleira en Quiroga, Martín López de Paradela e, en representación do Comité Organizador, Remedios González Cabarcos, presidenta local en Rábade.
O XVII Congreso Provincial Extraordinario do Partido Popular de Lugo converteuse nunha cita histórica tanto porque previsiblemente concorrerán dúas candidatas, como porque unha das aspirantes, Elena Candia ou Raquel Arias, será a primeira muller que presida a formación política popular na nosa provincia.
O papel reservado para a Mesa do Congreso, segundo o previsto no Regulamento, é moi relevante xa que os integrantes serán os encargados de dirixir, impulsar e moderar os debates, así como interpretar as regras previstas.
Balseiro destaca, para rematar, logo da reunión do Comité Organizador, que a Mesa responde a unha composición plural e na que tamén quixeron prestar atención á diversidade territorial.
Manuela López Besteiro
Manuela López Besteiro é sen dúbida un dos persoeiros máis admirados e respectados do Partido Popular lucense. Inspectora de educación, ex conselleira, ex deputada e ex edil lucense, entre outras moitas responsabilidades institucionais que exerceu con grande acerto, na actualidade preside o Consejo Nacional de Consumidores y Usuarios.
Galardoada coa Medalla Castelao en 2012, da súa figura no seu momento destacaron que constitúe a proba de que a política pode ser un espazo de convivencia, respecto, educación e lealdade. Dentro do Partido Popular lucense foi unha das promotoras e impulsoras do movemento Senior.