O Grupo Provincial do PP censura que a Deputación de Lugo non liderara a oferta turística da provincia en Fitur. Para os populares, amais de participar como acompañantes nas propostas de asociacións e entidades lucenses na feira, o bipartito debera ter un papel protagonista “a través dunha presentación xeral do seu potencial”.
“Lugo tivo voz en Fitur grazas á Asociación de Hostaleiros ou ao Consorcio da Ribeira Sacra, pero se pola Deputación fora non se tería falado da nosa provincia no escaparate máis importante a nivel internacional do sector turístico”, explica Carlos Armesto, vicevoceiro do Grupo Provincial do PP.
Segundo datos da propia organización, A Feira Internacional de Turismo pechou a súa trixésimo sexta edición cun récord histórico de 232.000 visitantes, entre profesionais e público, un 6% más que o ano pasado. Nela participaron máis de 1.600 empresas de 165 países e rexións.
Os populares lamentan que o Goberno provincial careza, como demostra con este tipo de ausencias, que non teñen un proxecto de futuro para o turismo, o que supón desperdiciar unha oportunidade importantísima para a economía e o desenvolvemento de todos e cada un dos concellos de Lugo.