Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Supoño que despois do acontecido na Deputación o Sr. Vence non volverá a Lugo a contarnos milongas”

Lugo, 27 de setembro de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, supón que, despois do acontecido na Deputación, Xavier Vence, o voceiro nacional do BNG, “non volverá a Lugo a contarnos milongas”.

Para os populares quedou claro que no bloque nacionalista “mandan máis dous deputados provinciais -sedentos de poder- que o seu líder”, xa que o propio Vence veu a Lugo “a contar un conto e dar unhas instrucións que, como quedou demostrado, ninguén cumpriu”

Desde o PP preguntan que autoridade pode ter o líder do bloque nacionalista galego despois de ser desautorizado en Lugo. E poñen en dúbida que Vence poida mandar en Galicia “cando non é capaz de mandar neste provincia”

O BNG TIROU O SEU CÓDIGO ÉTICO AO LIXO

Por outra banda Balseiro tamén asegurou que, a pesar de que os nacionalistas “presumían” de código ético, “na primeira ocasión que puideron bótano ao lixo” e hoxe gobernan con dous imputados, “que ademais xestionarán varias áreas e terán responsabilidades delegadas no goberno provincial bipartito”.

O popular dixo que “a realidade é teimuda” e mentres a 200 metros do pazo de San Marcos, no Concello, o BNG pediu a cabeza de Orozco coa escusa de que non gobernan con imputados. Na Deputación non so comparten goberno con dous imputados senón que incluso o fan, a pesar de que a situación procesual de persoas como a alcaldesa de Viveiro é mito máis comprometida, pois a Xustiza está a piques de abrir xuízo oral contra ela.

Segundo o PP con toda probabilidade, este comportamento explica por que en cada cita electoral os lucenses danlle as costas ao BNG, “que pasou de ter cinco alcaldías a tan só tres, converténdose nun partido residual na provincia”. Balseiro dixo que “están dispostos a traizoar o seus compromisos cos veciños por ansia de poder, por gobernar nas deputacións, nas mesmas institucións nas que din que non cren”.