Cervantes, 21 de setembro de 2015.- O PP de Cervantes denunciou hoxe a irresponsabilidade do rexedor, Benigno Gómez, quen a día de hoxe segue sen entregar as licenzas e autorizacións obrigatorias á Deputación de Lugo para que esta inicie as obras de saneamento e iluminación nas pallozas de Piornedo.
Os populares lembran que o Organismo Provincial remitiu fai varias semanas, un requirimento ao Concello para que, no prazo de cinco días, achegase copia das licenzas de obra, da autorización da Confederación Hidrográfica e do certificado de dispoñibilidade dos terreos para as actuacións no conxunto histórico do Piornedo. Pero a día de hoxe, o rexedor, non entregou nada do solicitado.
Tendo en conta que a demora do alcalde está poñendo en perigo o financiamento europeo e o cumprimento dos prazos establecidos para levar a cabo estas obras, os populares urxen ao rexedor a que entregue, de xeito inmediato, a documentación necesaria para poder iniciar estas actuacións.