Partido Popular de Lugo

Remedios González Cabarcos presidirá a xestora que dirixirá o PP de Rábade

Rábade, 11 de setembro de 2015.- A dirección provincial dos populares lucenses vén de anunciar o nomeamento de Remedios González Cabarcos para presidir a xestora que dirixirá o Partido Popular de Rábade.

Quen foi cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais e actual portavoz do Grupo Popular no Consistorio, asume a nova responsabilidade de capitanear tamén a estrutura do partido nesta nova etapa.

Desde a dirección provincial enmarcan esta decisión nun proceso de sucesión natural e lembran, entre os méritos a destacar da nova presidenta, que González Cabarcos conseguiu situar ao Partido Popular como a formación política máis votada no municipio co 41,68% dos sufraxios.

A líder dos populares de Rábade afronta este novo reto «con moita ilusión» e coa confianza posta nun equipo que busca sacar ao municipio do inmobilismo e a parálise que caracteriza ao Goberno local.

AGRADECEMENTOS A LUÍSA MACÍA

A dirección provincial tivo palabras de agradecemento á presidenta saínte, a popular Luisa Macía, de quen salientaron o intenso traballo desenvolvido nos últimos anos tanto no seu papel de presidenta local como portavoz no Consistorio.

BIOGRAFÍA

Remedios González Cabarcos (Rábade,1962) Pedagoga e actual Directora do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, ten dous fillos. Especialista en Educación Musical e Experta Universitaria en Tecnoloxías para a Educación e o Coñecemento ( “Informática Educativa” e “Internet, Aplicacións Didácticas”). É membro da Comisión de Educación do PP.