Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Tíñamos un compromiso coa Mariña e estamos cumpríndoo. Feijóo cumpre a súa palabra dada coa ampliación, modernización e mellora do Hospital da Costa”

Burela, 10 de setembro de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou hoxe que Alberto Núñez Feijóo, “adquiriu un compromiso coa Mariña e está cumpríndoo”, dixo que o Presidente da Xunta “cumpre a súa palabra dada coa ampliación, modernización e mellora do Hospital da Costa”

O deputado popular valorou a boa nova para a comarca felicitándose despois de que o Consello da Xunta autorizase esta mañá un crédito de 12,8 millóns de euros que darán respaldo á licitación das obras de ampliación e remodelación do centro hospitalario sito en Burela, canalizando así a demanda social de toda a área sanitaria e dos propios populares da Mariña

O Goberno galego demostra “con feitos” a súa aposta decidida pola sanidade pública, por mellorar o noso hospital, e quere seguir facéndoo con intensidade e poñendo sobre a mesa os recursos axeitados, autorizando un investimento millonario, “un dos máis elevados da súa historia”.

“Teremos un hospital máis cómodo, para dar a mellor asistencia sanitaria e para traballar; máis grande e con maior confort e máis accesible”. De feito o Presidente Feijóo “non só traballa para construír e impulsar obras importantes, senón para garantir que estas lle sirvan á xente, no coidado e protección da súa saúde, e coa mellor das atencións”-concluíu Balseiro