Láncara 4 de setembro de 2015.- O voceiro do PP en Láncara, Santiago Cubillas, anunciou esta mañá que o grupo municipal popular presentará unha moción, para debater no vindeiro pleno, pedindo a posta en marcha dun programa lúdico- educativo para nenos e nenas menores de tres anos.
Para impartir estas actividades, os populares propoñen varios locais que na actualidade están case sen utilizar. Citan por exemplo o polifuncional da feira, os baixos do concello (onde estaba antigamente a oficina de correos) ou o propio colexio Ramón Piñeiro.
Cubillas manifestou que no ano 2013 naceron 10 nenos, no 2014, 14 e no que vai de ano, 7, polo que é necesario a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo.
O voceiro popular lancarés lembrou que este tipo de propostas xa figuraban no programa electoral do seu partido nas eleccións municipais, en concreto, a gardaría e o chequé bebé, “como iniciativas interesantes a nivel social, para fixar poboación e que son demandadas polos veciños”.
O popular insta ao equipo de Goberno a tomar exemplo do Concello veciño de O Páramo ou de O Corgo, este último cedeu un local no colexio para impartir este tipo de actividades.