Lugo, 2 de setembro de 2015.- O deputado popular Ángel Camino Copa salientou hoxe un investimento que supera o medio millón de euros que a Xunta de Galicia achega para as obras de rehabilitación do firme de dous treitos das estradas Rubián – Taboada (LU-611) e Castrocán – Xilgueiros (LU-641).
Precisamente hoxe do Diario Oficial de Galicia recolle a formalización do contrato desta obra, asinado o pasado 13 de agosto e do que foi adxudicada por un importe total de 539.510,23 euros.
O INCIO E SAMOS
Na estrada LU-641 actuarase ao longo case sete quilómetros, nos concellos de Samos e O Incio. A primeira actuación consistirá na regularización do firme e extensión dunha nova capa de rodadura entre os puntos quilométricos 2,5 e 6,6. A obra completarase proximamente entre os puntos quilométricos 0 e 2,5 cun novo proxecto que incluirá este treito.
A obra inclúe tamén a limpeza dos marxes e reperfilado das cunetas, a reposición da sinalización horizontal, e melloras puntuais na sinalización vertical e nas defensas, desde o punto inicial da estrada en Castrocán ata Santa María do Mao no punto quilométrico 6,6.
SONÁN-TABOADA
Pola súa banda na LU-611 a actuación desenvolverase ao longo de máis de 6 quilómetros, entre Sonán e o núcleo de Taboada. Os traballos previstos consistirán na extensión dunha nova capa de mestura bituminosa de 5 cm de espesor, unha vez eliminadas as deformacións actuais, e o posterior repintado.
Ademais, limparanse as marxes en todo o treito da actuación e executaranse cunetas formigonadas de seguridade que suman unha lonxitude de 1,5 quilómetros; estas obras permitirán mellorar a recollida das augas de drenaxe, o que incrementará a durabilidade do pavimento.
6.300 VECIÑOS BENEFICIARIOS
Ángel Camino celebrou frutifique esta obra despois dunha longa xestión na que se involucrou persoalmente conxuntamente cos grupos municipais populares dos concellos de O Incio, Samos e Taboada, todo iso, sen necesidade de facer ningún tipo de algarada.