Láncara 19 de agosto de 2015.- O Partido Popular de Láncara denunciou esta mañá a situación de total abandono na que se atopa o punto limpo de Pobra de San Xiao, ubicado nunha das entradas a vila, concretamente, dende San Xoán de Muro a escasa distancia do campo da feira.
Os populares manifestaron que entre os residuos acumulados atópanse restos de mobiliario e electrodomésticos, que están a converter o punto limpo nun auténtico vertedoiro.
Dende o PP instan ao actual rexedor, Darío Piñeiro, e ao seu equipo de Goberno a centrarse no municipio e a traballar por el e lembran as promesas feitas fai uns meses.
“Nada máis tomar posesión, os socialistas presumían de que lle darían unha imaxe á vila. ¡Pois que empecen por aquí! ”- din os populares, quenes manifestan que os feitos falan por si mesmos e o punto limpo está ao alcance de todos para poder ver a penosa situación na que se atopa.
Os populares critican a actitude neglixente do actual equipo de Goberno, que está a permitir a acumulación de todos estes materiais e ínstao a retirar, inmediatamente, todos estes restos de mobiliario.