Rábade, 28 de xullo de 2015.- A voceira do PP de Rábade, Remedios González Cabarcos, salientou o compromiso da Xunta de Galicia a prol do tecido comercial de Rábade e puxo en valor os preto de 14 mil euros que a Consellería de Economía e Industria destina para a sustitución dos cristais do galpón do campo da feira desta localidade.
“Queda claro o compromiso do Goberno Galego con Rábade no que atinxe ao impulso do seu tecido comercial”- manifestou González Cabarcos, quen aclarou que é o departamento de dirixe Francisco Conde quen financia o 70% das obras.
A popular explicou que esta obra enmárcase dentro do Plan estratéxico de impulso ao sector comercial da Xunta de Galicia e manifestou que gracias a esta iniciativa atraerase clientela ao comercio de proximidade e contribuirase na mellora dos servizos que se ofrecen aos consumidores.
Asemade, lembrou que o compromiso da Xunta con Rábade é notorio e “proba diso viuse tamén nos preto de 40 mil euros que destinou no seu día o Goberno Galego para arranxar a praza e campo da feira, unhas obras que arestora se están a realizar”- concluíu.