Partido Popular de Lugo

Teixido anuncia que mañá comezan as obras de retirada das concertinas de Parga, en Guitiriz

Guitiriz 22 de xullo de 2015.- O presidente do PP de Guitiriz, José María Teixido, anunciou hoxe que mañá xoves, día 23 de xullo, comezarán as obras de retirada das concertinas do campamento militar de Parga; unhas construcións cuxa competencia é exclusivamente do Exército de Terra.

Cúmprese así, o compromiso adquirido polo subdelegado do Goberno en Lugo cos veciños da zona fai tres meses. Cabe lembrar que Ramón Carballo, acompañado do ex alcalde de Guitiriz, José María Teixido, mantivo unha xuntanza, na Escola de Santa Cruz de Parga, o pasado mes de abril,  cos veciños da zona, onde adiantaba que as concertinas retiraríanse neste mesmo verán.

Teixido explicou, que as actuacións, que garanten unha total protección para os animais, consistirán na retirada do actual peche perimetral, composto por postes e fío metálico nas zonas nas que está instalado, así coma o levantado da concertina e a recuperación nas zonas que está despregada en combinación co cerramento de postes metálicos.

Tamén, adiantou o popular, que se levará a cabo a formación da zanxa perimetral ao longo do perímetro do Campo de Manobra e Tiro (CMT) que discorrerá xunto ao novo peche como medida de apoio á seguridade.

O ex alcalde detallou que a formación do novo peche perimetral, terá unha altura de 1,5m, e levarase a cabo mediante postes de madeira de pino ou semellantes anclados ao terreno mediante formigón.

As obras estarán finalizadas entre o mes de outubro e novembro.