Partido Popular de Lugo

O GMP burelés afirma que se está facendo unha cultura clasista

Burela, a 22 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou hoxe que “o alcalde e o seu equipo están facendo unha cultura clasista no noso concello, xa que se está instalando como norma que haxa que pagar para poder asistir a certos actos, como xa tén acontecido e como vai acontecer con dous eventos que está previsto realizar nas próximas dúas semanas na Casa da Cultura, un o vindeiro 31 e outro o 5 de agosto”.

Desde o GMP afirman que “efectivamente sempre houbo actos nos que houbo que pagar por asistir, pero actos de renome e gran calidade, como o concerto da Orquesta de RTVE, o de Ara Malikiam, ou eventos semellantes. Tamén tén habido proxeccións de cine, e non poucas, e non cobrarse por asistir (parece que o edil de Cultura acaba de ‘descubrir’ que se pode proxectar cine na Casa da Cultura…)”.

“Por eso entendemos que desde o goberno municipal se están fomentando diferencias entre as familias, aquelas que poden pagar por ver un acto na Casa da Cultura, e aquelas que non. Estas prácticas, de convertirse en habituáis, xeneran desigualdade e brechas sociais, sobre de todo nos actos destinados á xuventude e á infancia”, afirman desde o Grupo Municipal Popular.

Ademáis, engaden que “deste xeito, calquera, mesmo o actual concelleiro de Cultura, pode facer unha programación cultural, xa que se baseamos a mesma en actos polos que os veciños teñen que pagar para asistir, non hai que apretarse moito os miolos. Por eso entendemos que o concelleiro de Cultura non está capacitado para levar a cabo o labor que tén que levar, xa que se él pode pagar por asistir a eses eventos, que non o vai facer, hai xente que non pode facelo, e a programación cultural dun concello tén que basearse na gratuidade e na universalidade da oferta como principios básicos”.

Por último, o GMP afirma que “o alcalde xa está incumplindo unha das súas premisas: non cobrar por nada, porque segundo él eso era cousa do PP. Pois parece que non é así, parece que tamén é cousa do PSOE, polo que lle pedimos ó alcalde que lle explique ós cidadáns cáles son os obxectivos que levan ó seu edil de Cultura a organizar estes eventos e qué contraprestacións tén ou vai ter o concello”.