Partido Popular de Lugo

O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE LOURENZÁ MALGASTA CARTOS POR DESIDIA E PASOTISMO

Lourenzá, a 17 de xullo do 2015.- O equipo socialista no Concello de Lourenzá tivo que celebrar ata dous plenos para poñer a andar o traballo de goberno municipal. Fixeron falta dous convocatorias plenarias para levar adiante trámites moi sinxelos, que outros concellos realizan dunha soa vez, e que inclúen aspectos tan básicos como dar conta do nomeamento dos Tenentes de Alcalde ou delegar as áreas de goberno.

No caso de Lourenzá ao PSOE levoulles facelo máis dun mes, polo que dende a oposición agardan que sexan máis áxiles na toma de futuras decisións municipais.

A primeira das convocatorias tivo lugar o 17 de xuño, pleno celebrado con carácter de extraordinario o co único punto de día da fixación do salario da Alcaldesa. Desde o PP cren que, naquela ocasión ben puido esperarse un tempo e tratar todos os temas de organización conxuntamente un mesmo día, xa que logo a desidia e pasotismo manifestada polo PSOE supúxolle as arcas municipais un malgasto innecesario, que cifran en 770 euros en dietas para os 11 concelleiros da Corporación (o que ben pode ser o salario mensual de moitos traballadores)

DAR PARTICIPACIÓN Á OPOSICIÓN

Noutro orden de cousas, dende as filas populares propuxeron que a oposición formara parte nos órganos colexiados tales como a Mancomunidade de municipios ou o GDR, ao igual que fan outros concellos da Mariña. “Pero o que se define o goberno amigo, o goberno do progreso e da transparencia impediuno” baixo a escusa de que tampouco participaban antes os grupos da oposición nestes órganos.

A portavoz popular, Emma Alvarez, recordoulle aos socialistas que cando o PP gobernaba “os daquela partidos da oposición en ningún momento manifestaron intención de formar parte de ningún destes órganos, amais, agora tócalles gobernar a eles, e, en campaña prometeron gobernar para todos, o que non se corresponde con esta actitude de impedir a pluralidade política e vetar a presenza popular nun órgano como a Mancomunidade, impedindo que todos os veciños se sintan representados.”

VETO Á MOCIÓN DE URXENCIA

Por último, o grupo municipal do Partido Popular manifestou o seu desacordo e malestar por non incluír na orde do día deste pleno a moción rexistrada polos populares relativa a promover a exposición de Paulino Pérez.

Dixo a portavoz popular “Ben é certo que o ROF non obriga a incluír na Orde do día dun Pleno Extraordinario mocións, máis, non hai ningún impedimento legal para facelo, o que demostra que a man que tenderon á oposición no pleno de investidura era só de boquilla, e máis aínda se temos en conta que propuxemos debater a moción como urxente, e non foron quen de nin tan sequiera votar a urxencia da mesma, que estaba motivada polo feito de que o vindeiro pleno ordinario será o 19 de setembro e, dende este grupo entendemos que o programa da Festa da Faba a esas alturas, xa estará pechado”.

Engadiu Álvarez Chao que “os populares non comulgamos con rodas de muíño e, non aceptamos desculpas sen fundamento de que nun pleno extraordinario non se poden debater mocións urxentes, xa que o ROF no seu artigo 82.3 di literalmente: <>

A vista disto, a moción non foi debatida por que a Sra. Alcaldesa non tivo vontade de facelo, vetando toda posibilidade de estudala. Bastaría con votar a urxencia, votar a inclusión na orde do día e posteriormente debatela. “Algo sinxelo que o equipo de goberno non entendeu, unha mágoa, pero, o Partido Popular non vai renderse e buscaremos outras fórmulas para dar a coñecer a obra do noso veciño Paulino Pérez””