Lugo, 14 de xullo de 2015.- O voceiro do Partido Popular de Láncara, Santiago Cubillas, anunciou hoxe que o grupo municipal solicitará no próximo pleno local que o goberno socialista do Concello rebaixe o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.
Os populares rexistrarán unha iniciativa a través da que lle pedirán aos socialistas que estuden a baixada deste imposto municipal, que beneficiará aos veciños dun xeito “xeral, xusto e equitativo”. Cubillas considera que esta proposta terá unha repercusión directa en todos os residentes “sen exclusións, nin sectarismos, o que non se está a dar noutras medidas tomadas dende o Concello”.
O voceiro dos populares lembra que a anterior administración local viuse obrigada a subir esta taxa de circulación por motivos orzamentarios pero “o día de hoxe, cunha contas saneadas e sen débedas, é o momento para estudar esta baixada do imposto tendo en conta o plan de axuste”
Uso dos bens do Concello
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular tamén solicitarán que se regule o uso de bens do Concello, como son a carroceta de incendios ou as máquinas desbrozadoras.
Santiago Cubillas explica que os veciños lle transmitiron queixas sobre o uso destes medios para fins privados e “todos teñen os mesmos dereitos, é necesario regular o seu uso para que non se empreguen de xeito electoralista ou discriminatorio”. No caso da carrocera de incendios a súa obriga é estar disponible sempre para sofocar o lume e non para encher piscinas particulares. Nos non nos opoñemos a este e otros usos (encher bebederos para o gando, desatascar tuberías …) , pero cunha solicitude por escrito e que quede rexistrada. Desde xeito, o uso destes medios será máis transparente e o noso alcalde non os empregará do modo arbitrario o que nos ten acostumbrados.