Trabada, 9 de xullo de 2015.- O PP de Trabada lamenta que a rexedora comece o seu mandato mentíndolle aos veciños e incumprindo co anunciado.
Os populares deixan claro que é totalmente falso que a rexedora reduza á metade o seu salario e explican que baixar o salario sería que Mayra García cobrase menos por unha dedicación completa como a que tiña o seu antecesor.
“Na anterior lexislatura, José Manuel Yanes Ginzo cobraba por unha dedicación total, de 40 horas, 37.350 euros brutos; mentres Mayra García cobrará por unha dedicación parcial, 20 horas, 18.675 euros”- informan os populares, quenes se preguntan onde está a baixada de salario da que fala a rexedora.
Denuncia o PP de Trabada que a rexedora predique control de gasto e redución de salario cando non é certo e engaden que baixar o soldo sería cobrar menos por unha dedicación completa ou o que é o mesmo, reducir a cantidade económica en base as mesmas horas.
Logo de que a súa dedicación vai a ser de 20 horas, os populares instan a rexedora a que explique en que horario se vai atopar desempeñando a súa labor ao tempo que lle lembran que “un alcalde é rexedor as 24 horas e os 365 días do ano”.
ATRIBUCIÓNS ECONÓMICAS: Dietas e quilometraxe
Os populares explican que no anterior goberno o quilometraxe estaba fixado en 0.19 euros mentres que agora está en 0.26 euros, o que supón un incremento de 36. 84 % e a dieta simple pasou de ser de 40 euros a 50 euros, é dicir, aumentou un 25%.
Neste senso, os populares explican que cada viaxe de Mayra García a Lugo terá un custe para os veciños de Trabada de 35.88 euros e cada viaxe a Santiago será de 82,16 euros. Se ademais inclúe dieta simple, cada viaxe da nova alcaldesa a Lugo custará aos trabadenses 85.88 euros e a Santiago 132.16 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Os populares critican que no ano 2011 os socialistas considerasen a Xunta de Goberno innecesaria, alegando que retrasaba a tramitación de expedientes ademais do gasto que conlevaba, e nembargantes no día de onte, a rexedora, non so constituía a Xunta de Goberno, senón que lle atribuía máis competencias.
CELEBRACIÓN DOS PLENOS
A decisión da alcaldesa de convocar os plenos os mércores ás 20:00 horas non está ben vista dende as filas populares. Consideran que as sesións plenarias deberían de ser os venres ás 20:00 horas para favorecer a asistencia dos veciños.